a nena enferma
webA-NENA-ENFERMA
previous arrow
next arrow
web-cama-amarela-1
web-cama-amarela-2
web-cama-amarela-3
previous arrow
next arrow

A construcción de Espacios Terapéuticos foi o eixo do meu traballo nos últimos anos. Os Dormitorios Terapéuticos son o resultado dunha insistencia na cama, a articulación do dormitorio tendo en conta a combinación dos elementos porta-ventá-cama-cor. Cos Productos Terapéuticos Personalizados transformo o espacio en producto que podo modelar ao meu antollo. Gusto de persoalizar estes habitaculos tendo en conta ao seu usuario, as súas necesidades e os seus desexos.

O meu traballo debe ser visto como un interese e unha necesidade de localizar esencias e instintos no ser humano. Manexo elementos como o amor, a fantasía, o pracer, a dor, a beleza, o sexo, a loucura. Deseño maquinas que me sirvan para localizar estes elementos: Centrífuga para Amor, Centrífuga para Fantasías, Amor nas Nubes. Localizados estes elementos están listos para ser trasplantados: teño xa Trasplantes de Amor, Trasplantes de Fantasía, Trasplantes de Beleza, Trasplantes de Beleza con Extra de Sexo, Trasplantes de Beleza Modelo Carne.

A acción de Trasplantar que acabo de iniciar lévame a unha investigación moi persoal, de momento todo o que trasplantei parte de min.

Monica Alonso

Xullo de 2005

Un Transplante de Beleza que eu me poño para seducir ao espectador coa miña loucura amarela. Son unha octoaraña que se comunica en amarelo loucura, cor de carne suicida, carne triste, carne natural, carne viva.

TRANSPLANTE DE AMOR VISTA jpg
Transplante de amor detalle 1
Transplante de amor detalle 4 jpg
we-transplante-de-amor
previous arrow
next arrow
O amor é antídoto de moitos males. Temos Transplantes de Amor.
web-transplante-de-beleza
web-transplante-de-beleza-2
web-transplante-de-beleza-3
cor carne. may more 010 1
cor carne. may more 005
previous arrow
next arrow

A miña primeira peza negra. O negro é a única cor que non utilizo, non teño nada negro, nin roupa, nin mobles, nin complementos, a única cousa que teño negra é a miña gata Grila. 

A min ás veces invádeme unha Tristeza Profunda inexplicable, non sei moi ben de onde vén, o que si sei é que me resulta insoportable. A peza Tristeza Profunda pretende plasmas ese sentimento, conectado cos Transplantes de Suicidio