O artista media entre o espectador e a obra, sendo suxeito activo no proceso.
No transcurso o espectador obtén coñecemento propio con ou sen execución dun obxecto final.

 

A CREACIÓN ARTÍSTICA DENDE A CONFESIÓN: MÓNICA ALONSO

As teorías da arte confesional son ás que utilizo para traballar con 5 persoas ao longo de varios meses. Propóñolles que traballemos coas confesións propias e dos outros. A través de conversas, visualización de obra de diferentes artistas e estudio e estimulación de emocións e sentimentos, cada persoa define o seu camiño e o traballa. O meu papel é o de guía, confesor que non xulga e facilitador de expresión. Eu mesma fago tamén unha confesión. Ningún dos proxectos está asinado, o nivel de comunicación acadado fai que os casos sexan asumidos polas 5. A documentación que utilizo aparece no caderno: As representacións artísticas como medio para o coñecemento propio. Emoción. Sentimento. Confesión. Arte Confesional.

O que se presenta nesta Cela Amarela Cor Carne Interior son os 5 casos resultantes: compostos pola confesión, obxecto plástico realizado por cada autor e un dossier con documentación de referencia.

Caso 1. O sobre que nunca encontrou. Confesión: Materialización do sobre que nunca encontrou. Obxecto: Cubo de rubik intervido. Dossier: A nai castradora.

Caso 2. Medo ao fracaso como artista. Confesión: O medo ao fracaso como artista. O colibrí amarelo. Obxecto: Colibrí amarelo. Dossier: O medo a …

Caso 3. Localización e transformación dun espazo propio e seguro. Confesión: Feminino plural –primeira persoa- pretérito perfecto simple. Obxecto: Maqueta. Dossier: A arte de se sanar.

Caso 4. Sexo, traballando co inconfesable. Confesión: Fantasías sobre o inconfesable. Obxecto: Como un pene e unha palliña te poden levar ao sétimo ceo.

Caso 5. Confesión como observación social. O zapato de tacón XXL. Obxecto: Zapatos de tacón. Dossier: Tacón XXL ou non tacón XXL.

O deseño da Cela realízoo eu. Para a presentación e visualización da confesión é necesario crear un lugar propicio. A Cela dá ao espectador a intimidade para mirar e ser mirado a través das súas confesións. Paréceme xusto que como espectador poidas participar coa túa confesión. Para elo está o caderno: As representacións artísticas como medio para o coñecemento propio. Confesións propias e dos outros. As confesións dos outros. ESCRIBE AS TÚAS CONFESIÓNS.

webcela
webcela2
webcela3
webcela4
webcela5
webcela6
webcela7
webcela8
previous arrow
next arrow

Muller, 65 anos, 1 filla.
Caso 1. O sobre que nunca encontrou.
Confesión: Materialización do sobre que nunca encontrou.
Obxecto: Cubo de rubik intervido. Dossier: A nai castradora

Despois de falar do Confesable e o Inconfesable a autora deseña e executa dun xeito inmediato a proposta que se presenta.
Relata un acontecemento persoal da infancia que marcou o desenvolvemento da súa vida afectiva. Gratamente é unha historia plena que remata nunha obra igualmente plena.
Arredor dos 10 anos ela ten a sospeita de que é adoptada. O que ela interpreta como falta de afecto por parte da súa nai é o que a leva a pensalo, como unha explicación a esta actitude. Sen embargo o que non cadraba era o parecido físico con seu pai.
Dende os 10 ata os 12 anos ela buscou pola casa o sobre que contivera estes papeis de adopción e confirmara o seu pensamento, pero nunca o encontrou.
A súa proposta foi a simulación física de ter encontrado dito sobre.
Concretou o sobre, pero non un só, senón que varios un dentro de outro e cada un coa súa mensaxe, ata chegar a unha conclusión, un peche.
Paralelamente fala da figura da nai castradora, unha figura que ela considera quizás do pasado pero que descubre que chega ao presente. Anímoa a buscar documentación, dita documentación está no dossier A Nai Castradora.
Crea outro obxecto, a intervención nun cubo de rubik con frases sobre a nai castradora.

sobre1
sobre2
previous arrow
next arrow

Muller, 45 anos, parella, 1 fillo.
Caso 2. Medo ao fracaso como artista.
Confesión: O medo ao fracaso como artista. O colibrí amarelo.
Obxecto: Colibrí amarelo. Dossier: O medo a …

A autora, artista, fálame do medo que sinte a fracasar como artista.
Dedicou toda a súa vida á creación, con 45 anos fai un balance, non acadou o que ela desexaba e síntese frustrada e culpable.
Falamos da situación actual da arte, do que supuxo a crise dos últimos anos, incluso ser muller na arte.
Propúxenlle traballar sobre esa frustración, como unha confesión propia, unha expulsión que pode incluso desbloquear a creación, pero que tamén pode ser a confesión dos outros artistas.
Falamos das conversas que ten con outros artistas, etc., das opinións comúns, das situación comúns. E así decide facer un relato que recolla todos estes pensamentos. Escribirá en primeira persoa pero incluíndo as opinións dos outros.
Fantasiamos sobre o que sería capaz de dar a cambio de ser unha gran artista, cales serían os límites. Dende facía tempo ela estaba fascinada pola historia do colibrí en México como amuleto moi poderoso. O resultado é a confesión que escribe.

web-colibri-1
web-colibri-2
previous arrow
next arrow

Muller, 36 anos, parella, dúas fillas.
Caso 3. Localización e transformación dun espazo propio e seguro.
Confesión: Feminino plural –primeira persoa-pretérito perfecto simple.
Obxecto: Maqueta. Dossier: A arte de se sanar.

Caso de aplicación de técnicas de psicoespazo.
www.teoriaspsicoespacio.com
Despois de varias conversas sobre un malestar existencial latente dende fai tempo, sae nunha das conversas un lugar que aglutina varias experiencias. Un trasteiro da casa familiar onde se atopan obxectos de carga emocional. Manifesta o desexo de traballar con certos tecidos que se atopan alí, e que pertencen á roupa que foi da súa nai.
Eu propóñolle traballar co espazo do trasteiro coas teorías de psicoespazo. Parécelle boa idea e decidimos empezar.
Primeira parte: decidimos volver ao trasteiro, experiencia espacial e recoller tecidos da roupa da nai para traballar na realización dunha maqueta. Facemos o debuxo do trasteiro real.
Segunda parte: Indicacións sobre debuxar o trasteiro antes de irse a durmir e agardar a soñar con el. Facemos o debuxo do trasteiro soñado.
Terceira parte: Transformación do espazo do trasteiro nun lugar propio e seguro. Facemos a construción do espazo. Maqueta feita cos tecidos da roupa da nai que estaban no trasteiro.
Todo o proceso e os debuxos atópanse no caderno: Caso 3. Localización e transformación dun espazo propio e seguro.

Muller, 30 anos.
Caso 4. Sexo, traballando co inconfesable.
Confesión: Fantasías sobre o inconfesable.
Obxecto: Como un pene e unha palliña te poden levar ao sétimo ceo.

Ela interesase polo inconfesable. Despois de varias conversas sobre o inconfesable as dúas chegamos ao interese do inconfesable situado no sexual, as fantasías sexuais.
Inconfesable
1. adx. Que non pode confesarse, xeralmente por ser vergoñoso: segredos inconfesables.
Inconfesable
impronunciábel, vergoñoso, inmoral, deshonroso.
Así comeza a traballar co tema do sexo.
Realiza dous traballos:
-Manifesta o seu total interese e necesidade de traballar coas mans. Así modela o pene de plastilina cor carne. Como unha palliña e un pene poden levarte ao sétimo ceo.
Trae revistas de moda e de sociedade, completa o pene cun recorte de revista.
Fantasías sobre o inconfesable. Frases de expresión sexual que se poden ver no cuaderno Caso 4. Sexo, traballando co inconfesable.

Decide non asinar a obra:
Prefiro que non poñas o meu nome propio na obra. Gustaríame poñer un nome ficticio, por exemplo, Silvia Calatayud.

Muller, 60 anos, parella, 2 fillas, un neto.
Caso 5. Confesión como observación social. O zapato de tacón XXL.
Obxecto: Zapatos de tacón. Dossier: Tacón XXL ou non tacón XXL

Este é un caso de observación, dúbida e necesidade de entender.
Do que é e non parece. Do subliminal dunha imposición social cara á muller, coma un xogo social absurdo para estar guapas e sexis.
O zapato é un accesorio da vestimenta deseñado coa intención de dar protección e comodidade ao pé, atendendo dun xeito moi importante a fines estéticos. Que tipo de zapato é entón o de tacón XXL?
A confesión que busca a autora está en tentar dar respostas á súa curiosidade. Non é un xulgar, senón un buscar e compartir.
FORMALIZACIÓN:
-Realiza un par de zapatos que sintetizan o seu sentir e pensar.
-Realiza un dossier completo co que ela considera sobre o tema, para argumentar e compartir.

webtodososmosunicos1
webtodososmosunicos2
webtodososmosunicos3
webtodososmosunicos4
webtodososmosunicos5
webtodososmosunicos6
webtodososmosunicos7
webtodososmosunicos8
previous arrow
next arrow

Cuestionarios completos

O colibrí esta considerado na cultura mexicana o amuleto máis potente de amor que existe. A tradición vén das culturas precolombinas e chega ata a actualidade con rituais adaptados aos novos mercados.
Un dos meus intereses de traballo está na relación entre ciencia e superstición, e a Maxia do Colibrí permíteme relacionar a ciencia occidental coa superstición, e plasmar como o ser humano actual se move entre unha e outra.
Para abordar o tema utilizo as crenzas sobre os colibrís nas culturas precolombinas.
A obra é a historia dunha psicóloga occidental á que se lle suicida un paciente. Incapaz de seguir coa consulta decide marchar a México buscando outras vías. Alí coñece a un chamán que lle fala da maxia do colibrí e de como pode axudar aos seus pacientes. Xuntos inician un proceso de consecución de colibrís.
Asistimos as historias de 6 persoas que teñen medo e obsesión por temas comúns a outros seres humanos. Así o colibrí cura distintos males: O colibrí vermello consigue o amor; o amarelo cura o medo ao fracaso como artista; o cor carne o medo a perder a beleza; o azul librarse da angustia; o branco librarse da morte. As persoas teñen que decidir se matan ou non ao colibrí.
A obra está formada pola reprodución dos colibrís como obxecto e os textos que contan as historias de todas as persoas que deciden matalo, ou non.

colibri1
colibri2
colibri3
previous arrow
next arrow

O MEDO AO FRACASO COMO ARTISTA. O COLIBRÍ AMARELO.
Levo case 30 anos traballando como artista plástico, pronto cumprirei 50 anos.
De 20 a 40 vivín feliz no mundo da arte. Tiven éxito e recoñecemento, os mellores anos da miña vida.
Houbo un momento, coincidindo coa crise económica de 2008, no que todo parou, o mercado caeu, os museos quedaron sen orzamentos, os coleccionistas cambiaron de interese e todo se derrubou.
Entroume un gran medo, o medo ao fracaso.
Medo aos dous fracasos, o fracaso do recoñecemento e o fracaso da mala acción.
Medo a min mesmo por non poder aceptar os acontecementos e chegar a pensar que a culpa é miña.
Creo que paso moito tempo só volvendo ás miñas obsesións.

 

O MEDO Á ANSIEDADE, A NECESIDADE DOS FARMACOS.
Teño 49 anos e son artista plástico. A ansiedade, a angustia e o pánico acompañáronme toda a vida.
Estou diagnosticado dun trastorno de ansiedade que causa depresión.
Moitas veces síntome nervioso, axitado e tenso ante situacións da vida cotiá que non representan un perigo real. Vivo nunha sensación de perigo inminente que me provoca unha gran axitación e tensión.
Sinto preocupacións desproporcionadas nas que non podo deixar de pensar e non podo concentrarme noutra cousa. Se a intensidade da preocupación aumenta, vou ao nivel de trastorno de pánico.
Teño un trastorno de ansiedade xeneralizada que se proxecta en trastornos físicos: aumento da frecuencia cardíaca, respiración rápida, sudoración, tremores…
A ansiedade xa está presente na miña infancia, non lembro a miña infancia como tranquila, recórdome nerviosa, con múltiples medos. Véñenme á cabeza imaxes dun neno inquedo. Hai anos cada vez que vía un neno dicía, pobre, agora vexo nenos felices e cando os miro reconcilio coa miña infancia.
Cando era pequeno o peor eran os pesadelos. Soñei que estaba en espazos grandes e deformados, sentín unha sensación de inmensidade, de atoparme perdido. Esta sensación duraba ás veces durante o día e tiña moito medo de desaparecer na inmensidade. Antes poñíame moi nervioso e choraba moito, aínda hoxe choro moito.

LIBRARSE DA PRESENZA DA MORTE, O COLIBRÍ BRANCO
Estou deprimida e abatida, teño problemas económicos. Que máis pode saír mal? Ter un cancro?
Tes razón! Despois de pasar os meses de verán cunha das peores recaídas dos meus problemas de depresión e ansiedade e aínda sen terme recuperado, chegou o cancro.
Foi no mes de setembro cando a miña mente comezou a enviarme mensaxes: tiña algo no peito dereito. Non podía quitalo da miña mente e ata sentía dor, pero a dor desaparecía cando me esquecía. Déronme unha cita na unidade de mama o 4 de outubro, día do meu 47 aniversario. Non pensei que este sería un día de mala sorte, todo o contrario. Pedíronme unha mamografía de rutina, o xinecólogo non sentía nada. Recibín a cita para o 15 de decembro.
Ese día estaba moi nerviosa, molesta. Sentín un desexo enorme de marchar, pero sabía, como en todas as demais situacións, que non era a solución.
Fun facer unha mamografía e saín coa noticia do cancro.

O COLIBRÍ DE COR CARNE: O MEDO Á FEALDADE
Non son fea, son de beleza normal pero a miña obsesión é que son imperfecta.
Valoro a perfección e a harmonía e eu non o son.
Sempre me miro nas outras mulleres que vexo perfectas.
Pero que é perfecto? Quen son eu para valorar esa perfección?
As miñas referencias son modelos femininas, actrices, canons de beleza. A súa totalidade é impecable e cada detalle sofisticado. Só vexo o seu exterior. Como será o seu interior?Como serán persoalmente? Serán felices? Non é algo que me interese especialmente, só me interesa o seu aspecto exterior. Se escoito algunha mala noticia sobre as súas vidas, reafirmo que non teñen unha vida ideal; mesmo algunhas recoñecen algún complexo. Pero isto non me libera dos meus males.
Lembro que estes pensamentos comezan na infancia.
De nena víame, non digo fea, senón inacabada, borrosa. Custábame verme fisicamente e a referencia do meu aspecto estaba nas fotografías, eu era a da foto, así me recoñecía e na foto era fermosa, o que non estaba en harmonía era o meu interior. Tiven un interior triste.
A día de hoxe os recordos da miña infancia están nas fotografías, son os únicos recordos que teño, o resto borraron. Tampouco hai tantas fotografías, sempre me recoñezo nas mesmas.
A adolescencia é semellante. Crezo fermosa pero paréceme imperfecta.
Observo cada detalle do meu aspecto físico e quero cambialo. Cada día obsesióname unha parte do meu corpo e trato de ocultala, de facela desaparecer. Comparo todas as imperfeccións doutras persoas e busco un consolo para a miña. Vexo os defectos dos demais e pregúntome como poden vivir así? Aínda así, véxoos ben, contentos. Está claro que o problema é meu, o meu é unha obsesión.

O COLIBRI NEGRO: RECUPERAR O DESEXO DE VIVIR. CAZAR Á MORTE. LIBRARSE DO INSTINTO, IMPULSO, SUICIDA.
Dispóñome a morrer unha vez mais, e sinto a necesidade de contar todo o que me pasa.
Teño 47 anos e estiven varias veces a punto de morrer.
Todas as veces escribín a miña carta de suicidio, xa levo 7. É a miña forma de entender o que me pasa, poñer fin e reengancharme á vida.
Teño un trastorno depresivo recorrente que cursa con ideas suicidas.
O trastorno dos estados de ánimo, e particularmente a depresión, son os principais responsables da maior parte dos suicidios consumados.
Unha de cada dúas persoas que consuman suicidio padecen un trastorno depresivo, de xeito que este é o factor de risco suicida máis determinante.
Non existe unha única razón pola que as persoas deciden quitarse a vida. O suicidio é o resultado dun sen número de situación e factores (sociais, culturais, psicopatolóxicos e biolóxicos) que se combinan entre si para xerar un abano de comportamentos autolesivos que van dende a simple ideación pasaxeira ata o suicidio consumado.
O meu tipo de instinto suicida é melancólico: está relacionado cun estado xeral de forte depresión, tristeza excesiva que fai que non poida apreciar dunha forma normal as relacións que manteño coas persoas e as cousas do meu entorno.
Son un paciente cun estilo psicolóxico “integrador” (no que o paciente acepta a enfermidade, asume responsabilidade, intenta entendela, sinte medo ás recaídas pero intenta asumir o control).
Son o tipo de paciente que, despois de moitos anos de loita, acepta a enfermidade mental e intenta encaixala na súa vida diaria. Custoume moito chegar ata este punto….Nunca tiven un intento activo de suicidio, aínda que o instinto suicida acompañoume moitas veces.
Despois de levar sufrindo moitos anos desta enfermidade, tiven que facer grandes exercicios de reflexión para poder entender e aceptar o que me pasa e así poder seguir vivindo.

O COLIBRÍ VERMELLO.
O MAIS POTENTE AMULETO DE AMOR QUE EXISTE.
Vivimos en dúas cidades diferentes, sepárannos 1200 Km, vémonos cada 15 días. Nun prazo medio quizais poidamos estar xuntos, son os nosos propios traballos os que nos ancoran ao lugar.
Mentres, desespero, estou totalmente namorado dela e non quero perdela.
É a persoa máis fantástica que coñecín. É marabillosa!
Dende que nos coñecemos non consigo quitala da cabeza nin un segundo. Deitoume e levántome pensando nela.
É a única que quero, e aínda que non estaba nos meus plans, namorei dela.
Adóroa! É unha muller fascinante, é difícil non alucinar con ela. Síntome como nunha nube cada vez que a teño preto.
Fai un mes que está comigo a todas horas na miña cabeza, e o peor é que me encanta que estea na miña cabeza.
Espero que nunca deixe de quererme, aínda que non estea namorada de min.
Amor, desexo e felicidade, iso é o que me produce.
Quéroa moitísimo. Gústame querela aínda que sufra.
Sabes que es o único que quero e o único que necesito.
Cando estou con ela son exactamente eu.
Desperto e so penso nela.
E, Como pensas en min?