A psicohabitación é unha disciplina que abarca calquera tipo de espazo construído, sen embargo é no dormitorio no que encontra a súa maior parte de acción. Aproveitar o estado onírico, o subconsciente e a memoria para alcanzar maior coñecemento sobre nos mesmos e os espazos que habitamos.
A psicohabitación está indicada para persoas que queiran coñecerse e explorarse a través dos espazos que habitaron ou habitan.
Terapias: A continuación preséntoche unha serie de terapias psicohabitación que traballan cuestións diferentes: Terapia Dormitorio da Infancia TDI, Terapia Dormitorio TD, Terapia Dormitorio Actual TDA, Terapia Habitación de Hotel THH, Terapia Habitación de Hospital THHO.
Tería unha primeira reunión contigo para ver que terapia se adapta mellor aos teus problemas espaciais.
Estimado espectador:
A Psicohabitacion é unha teoría centrada na análise da acción e efecto de habitar.
Nada máis saímos do útero materno precisamos outro habitáculo que nos de protección. Comeza así o discorrer da nosa vida por unha serie de cuartos que recollen ao noso corpo e á nosa mente.
A historia da nosa vida está marcada por estas experiencias espaciais, especialmente o dormitorio, no que entramos no subconsciente.
A Psicohabitacion permite analizar todos os dormitorios e espazos destacados, co fin de obter información sobre nós, que nos permite coñecernos e mellorarnos.
Recibes os seguintes cuestionarios:
Antes de responder aos cuestionarios pode ser útil revisalos para facerse unha idea da totalidade. É moi importante que te deixes levar polo inmediato dos teus recordos e a túa intuición.
Unha vez os cuestionarios estean cubertos teremos un encontro para traballar coa información obtida.
As vivencias do período da infancia son de grande importancia no futuro desenvolvemento do individuo adulto. Ao igual que aprendemos os nosos esquemas de comportamento, instálase en nosoutros o espazo aprendido. As nosas experiencias espaciais infantís, en especial o noso dormitorio da infancia, determinan as nosas preferencias futuras en relación a seguridade, protección, comodidade, harmonía.
THI é útil na resolución de posibles conflitos ou traumas adultos que poden ser provocados por malas experiencias espaciais. Pero a súa utilidade vai moito máis alá ao permitirnos acadar maior coñecemento sobre nosoutros mesmos e sobre as nosas preferencias espaciais.
Cuestionarios:
O noso dormitorio é un espazo moi importante na nosa vida, nel pasamos as horas de sono, neste tempo necesitamos estar seguros de que nada nin ninguén aproveitará a nosa vulnerabilidade. Todos temos o que consideramos o noso dormitorio e ao que volvemos para sentirnos seguros na nosa cama. A cama é o punto central do dormitorio e aglutina unha gran carga simbólica, non só nos recolle para durmir, é o medio para o mundo onírico e do subconsciente; é o lugar do descanso, o relax, o sexo, pero tamén da enfermidade.
Son varios os dormitorios e as camas que temos ocupado ao longo da nosa vida e probablemente existe un que consideras o TEU dormitorio, por enriba dos demais. Depende tamén do momento vital no que nos encontremos.
Tendo en conta a gran importancia do espazo do dormitorio na nosa vida coa súa incidencia física e psíquica, da súa correcta harmonía depende tamén gran parte do noso benestar.
TD é útil na resolución de posibles conflitos psíquicos que poidan ser provocados por malas configuracións espaciais dos dormitorios que ocupamos. Permite coñecernos mellor sobre os nosos gustos e necesidades habitacionais, conectar co estado onírico e o noso subconsciente. TD pode ser tamén utilizada en procesos de insomnio ou hipersomnio.
Como complemento podes realizar tamén Terapia Habitación da Infancia
Cuestionarios:
O noso dormitorio é un espazo moi importante na nosa vida, nel pasamos as horas de sono, neste tempo necesitamos estar seguros de que nada nin ninguén aproveitará a nosa vulnerabilidade. Todos temos o que consideramos o noso dormitorio e ao que volvemos cada noite para sentirnos seguros na nosa cama. A cama é o punto central do dormitorio e aglutina unha gran carga simbólica, non só nos recolle para durmir, é o medio para o mundo onírico e do subconsciente; é o lugar do descanso, o relax, o sexo, pero tamén da enfermidade.
Tendo en conta a gran importancia do espazo do dormitorio na nosa vida coa súa incidencia física e psíquica, da súa correcta harmonía depende tamén gran parte do noso benestar. O gran dominio que o deseño do espazo arquitectónico exerce sobre as nosas vidas fai que a súa configuración non se corresponda en moitos casos coas nosas necesidades.
TDA está especialmente deseñada para resolver calquera problema que consideramos depende da configuración do teu dormitorio actual. Si incidimos sobre el estaremos incidindo no noso benestar. TDA pode ser tamén utilizada en procesos de insomnio o hipersomnio.
Como complemento podes realizar tamén Terapia Habitación da Infancia
TDA ofrece 3 posibilidades de traballo:
Cuestionarios:
O ingreso hospitalario acostuma ser unha experiencia perturbadora. Á preocupante situación da enfermidade únese a estancia nun lugar descoñecido, aséptico, que te sitúa na realidade da enfermidade. A habitación de hospital acostuma a ser un lugar clínico, impersoal, no que o noso corpo e a nosa mente non encontran o abrigo do espazo coñecido e propio.
Non podemos modificar a realidade da enfermidade, pero si podemos minimizar a vivencia do espazo hospitalario.
A innovadora terapia que che propoño incide na túa imaxinación e no teu subconsciente: se tes a oportunidade de cambiar segundo os teus desexos a habitación de hospital, o recordo que terás do teu paso polo hospital será o de ter permanecido na habitación modificada nunha maqueta.
TERAPIA HABITACIÓN DE HOSPITAL ESPECIFICA PARA LACTANTES
A Terapia Habitación de Hospital adaptada á área de lactantes pode ser de gran utilidade para a vivencia do ingreso hospitalario do voso bebé.
A IDEA É A SEGUINTE
Deseñar a configuración da habitación do hospital para xerar a proximidade tan necesaria entre nai, pai, e fillo. O neno precisa sentir o amor que transmite a vosa presenza, e esta pode ser potenciada coa desexada transformación da habitación, aproveitando a enerxía dun lugar agradable.
COMO FUNCIONA?
Libro Terapia Habitación de Hospital
Cuestionarios:
A viaxe ten estado sempre ligado á evolución del ser humano, grazas a el tense obtido gran cantidade de coñecemento e experiencia. O xeito de viaxar evolucionou á par que a vida humana e na actualidade a posibilidade de iniciar viaxe é inmediata e as ofertas ilimitadas. Calquera viaxe pode ser imaxinada e conseguida, incluso a tan ansiado viaxe espacial aínda que ao alcance de moi, moi poucos.
Na viaxe temos que desprazar o noso corpo e buscar acomodo para el no lugar de destino, o hotel é o lugar no que recibirá seguridade para pasar a noite. Por esta circunstancia a habitación de hotel preséntasenos como o lugar ideal para realizar terapia. O noso corpo e en especial a nosa mente sofren alteracións no proceso da viaxe, son estas alteracións as que podemos aproveitar para incidir en cuestiones que nos interesen. Neste caso o estado onírico servirá para traballar sobre o noso subconsciente, sendo a terapia moito más eficaz. THHO ofrece varias posibilidades de traballo:
1. Deseñar unha viaxe con un fin. Organizar a viaxe propicia para a terapia, deseñar unha maqueta de viaxe previa e viaxar con ela.
2. Deseñar habitacións de hotel en diferentes lugares para a realización de terapias:
Cuestionarios:
Caso 1
Caso 2
Caso 3
Cookie | Duración | Descrición |
---|---|---|
cookielawinfo-checkbox-analytics | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Analytics". |
cookielawinfo-checkbox-functional | 11 months | The cookie is set by GDPR cookie consent to record the user consent for the cookies in the category "Functional". |
cookielawinfo-checkbox-necessary | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookies is used to store the user consent for the cookies in the category "Necessary". |
cookielawinfo-checkbox-others | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Other. |
cookielawinfo-checkbox-performance | 11 months | This cookie is set by GDPR Cookie Consent plugin. The cookie is used to store the user consent for the cookies in the category "Performance". |
viewed_cookie_policy | 11 months | The cookie is set by the GDPR Cookie Consent plugin and is used to store whether or not user has consented to the use of cookies. It does not store any personal data. |